Monday 06 de May de 2024

O Concello instalará un Punto Violeta para as festas de Santa Cruz


O Concello de Oleiros, en colaboración coas comisións de festas do municipio, está a traballar activamente para a prevención das violencias sexuais, LGTBIfóbicas e demais violencias machistas durante as festas a desenvolver ao longo de todo o verán nas diferentes parroquias. Para as festas de Santa Cruz que se celebran a partir deste venres, haberá un punto violeta nas inmediacións da praza Esther Pita, en horario de 23:00 a 02:00, as noites do venres e o sábado.

Os Puntos Violeta son puntos de atención a vítimas de agresión sexual, LGTBIfóbica e calquera outro tipo de agresión machista. Formado por unha equipo experto de profesionais na materia, tamén conta con acompañamento psicolóxico. Ademais, ofrecen información sobre os recursos municipais na materia e realizan accións de sensibilización dirixidas á cidadanía, coas que se busca dotar de ferramentas para a prevención, detección e actuación fronte ditas violencias.

Un ano máis, coa campaña “Non faltes á festa, pero de festa non faltes”, o Concello busca dotar a toda a cidadanía de ferramentas para a prevención, detección e actuación fronte a violencia de xénero e demais violencias machistas durante as celebracións, actos festivos e espazos de ocio nocturno.